Akismet Anti-spam: Spam Protection

Descrición

A mellor protección anti spam para bloquear o spam en comentarios e o spam en formularios de contacto. A solución antispam máis fiable para WordPress e Woocommerce.

Akismet revisa os teus comentarios e envíos no formulario de contacto fronte a nosa base de datos global de spam para previr que se publique no teu sitio contido malicioso. Podes revisar os comentarios spam que captura na pantalla “Comentarios” da administración do teu blog.

As principais características que inclúe Akismet:

  • Comproba automáticamente todos os comentarios e filtra os que parecen spam.
  • Cada comentario ten un historial, polo tanto podes facilmente ver que comentarios foron cazados ou eliminados por Akismet e cales foron xestionados por un moderador.
  • As URLs móstranse no corpo do comentario para desvelar lagazóns ocultas ou engañosas.
  • Os moderadores poden ver o número de comentarios aprobados por cada usuario.
  • Unha función de descarte que bloquea totalmente o peor spam, aforrando espacio no disco e acelerando as actualizacións do teu sitio.

P.D.: Pediráseche que obteñas unha clave da API de Akismet.com para facer uso dela unha vez activada. As claves son gratuítas para os blogs persoais; as subscricións de pago están dispoñibles para empresas e sitios comerciais.

Instalación

Sube o plugin Akismet ao teu blog, actívao e, despois, engade a túa clave da API de Akismet.com.

1, 2, 3: Xa está!

Comentarios

21 de Maio, 2024
Quality antispam with fast, friendly and helpful support team. It’s saving our project coordinators a headache – before having Akismet, we’d been receiving waves of spam from all our project websites. Thank you for your kindness towards nonprofits like us!
16 de Maio, 2024
Thanks for the prompt reply to my support ticket. Everything is working great. Awesome product for nonprofit users.
Ler todas as 1.019 opinións

Colaboradores e desenvolvedores

“Akismet Anti-spam: Spam Protection” foi traducido a 73 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.

Traduce “Akismet Anti-spam: Spam Protection” ao teu idioma.

Interesado no desenvolvemento?

Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.

Rexistro de cambios

5.3.3

Data de lanzamento – 10 de xullo de 2024

  • Fai que o paso de configuración sexa máis claro para os novos usuarios.
  • Elimina a sección de estatísticas da páxina de configuración se o sitio foi revogado da clave.
  • Omite a comprobación de comentarios de Akismet cando o comentario coincida con algo da lista non permitida.
  • Solicita aos usuarios dos plans legados que se poñan en contacto co servizo de asistencia de Akismet para obter actualizacións.

5.3.2

Data da versión- 21 de marzo de 2024

  • Mellora o estado baleiro mostrado aos novos usuarios cando aínda non se capturou ningún spam.
  • Actualizar a mensaxe mostrada aos usuarios sen unha subscrición actual.
  • Engade fundamentos para o soporte futuro do webhook.

5.3.1

Data de lanzamento – 17 de xaneiro de 2024

  • Fai que o plugin sexa máis resistente cando faltan arquivos de activos (como se ve en WordPress Playground).
  • Engade unha ligazón á páxina “Descrición xeral da conta” en akismet.com.
  • Corrixe un erro menor que se produce cando outro plugin elimina todas as accións de comentarios do panel.
  • Engade o filtro akismet_request_args para permitir que os argumentos da solicitude nos pedidos da API do Akismet sexan filtrados.
  • Arranxa un fallo que fai que algunhas formas de contacto inclúan datos innecesarios no parámetro de contido do comentario.

5.3

Data de lanzamento – 14 de setembro de 2023

  • Mellora a visualización dos avisos de usuario.
  • Engade folla de estilos para idiomas RTL.
  • Desactiva o estado inicial desactivado do botón «Gardar cambios».
  • Mellora a accesibilidade do formulario de entrada da clave da API.
  • Engade novos ganchos de filtro para Fluent Forms.
  • Arranxa un problema de compatibilidade con PHP 8.1.

5.2

Data de lanzamento – 21 de xuño de 2023

  • Actualización visual das estatísticas de Akismet.
  • Mellorar a compatibilidade con PHP 8.1.
  • Mellorar a aparencia do plugin para que se adapte ás estatísticas actualizadas.
  • Cambiar a versión mínima de PHP compatible a 5.6 para coincidir con WordPress.
  • Eliminar o soporte a IE11 e actualizar a versión mínima de WordPress a 5.8 (onde o soporte a IE11 se eliminou do núcleo do WP).

5.1

Data da versión – 20 de marzo de 2023

  • Eliminados avisos de límite innecesarios da páxina de administrador.
  • Mellora na detección de spam ao incluír taxonomías de entradas na chamada de verificación de comentarios.
  • Elimináronse as claves da API dos iframes das estatísticas para evitar posibles exposicións inadvertidas.

5.0.2

Data de lanzamento – 1 de decembro 2022

  • Mellorada a compatibilidade con temas que ocultan ou mostran elementos da interface de usuario baseados no movemento do rato.
  • Maior seguridade das claves de API ao envialas nos corpos das peticións en vez de nos subdominios.

5.0.1

Data de lanzamento – 28 de setembro de 2022

  • Engadido un estado baleiro para a sección de estatísticas na páxina de administrador.
  • Arranxado un fallo que rompía algunhas ligazóns de páxina de administrador cando os plugins de JetPack están activos.
  • Marcados algúns escoitadores de eventos como pasivos para mellorar o rendemento en navegadores máis novos.
  • Foi desactivada a observación da interacción en formularios que se comunican con outros dominios.

5.0

Data de lanzamento – 26 de xullo de 2022

  • Engadida unha nova característica para atrapar spammers observando como interactúan coa páxina.

4.2.5

Data de lanzamento – 11 de xullo de 2022

  • Corrixido un fallo que engadía rexistros innecesarios ao historial de comentarios despois de comprobar comentarios.
  • Engadido un aviso que se mostra cando estea desactivado o WP-Cron e poida afectar ás comprobacións de comentarios.

4.2.4

Data de lanzamento – 20 de maio de 2022

  • Melloradas as instrucións para o tradutor para o historial de comentarios.
  • Aumentada a etiqueta «Probado ata» a WP 6.0.

4.2.3

Data de lanzamento – 25 de abril de 2022

  • Mellorada a compatibilidade con Fluent Forms
  • Correxida a tradución faltante de dominios
  • Actualizada a URL das estatísticas.
  • Mellorada a accesibilidade dos elementos na páxina de configuración.

4.2.2

Data de publicación – 24 de xaneiro de 2022

  • Mellorada a compatibilidade con Formidable Forms
  • Corrixido un fallo que podía causar problemas cando aparecían varios formularios de contacto nunha páxina.
  • Actualizadas as accións delete_comment e deleted_comment para pasar dous argumentos que coincidan co núcleo de WordPress desde a versión 4.9.0.
  • Engadido un filtro que permite excluír tipos de comentarios ao contar os comentarios aprobados dos usuarios.

4.2.1

Data da versión – 1 de outubro de 2021

  • Corrixido un fallo que causaba que fallase a validación de AMP en certas páxinas con formularios.

4.2

Data de lanzamento – 30 de setembro de 2021

  • Engadidos ligazóns á información adicional sobre os avisos de uso da API.
  • Reducido o número de solicitudes de rede necesarias para unha páxina de comentarios ao executar Akismet.
  • Mellorada a compatibilidade cos plugins máis populares de formularios de contacto.
  • Mellorados os botóns de uso da API para aclarar que actualización é necesaria.

Para entradas do rexistro de cambios máis antigas, por favor, consulta o arquivo adicionalchangelog.txt entregado co plugin.